martes, 3 de mayo de 2011

A imaxe de Castelao e a fermosura de Redondela




Na alameda de Redondela encóntrase unha fonte cunha estatua dedicada a Castelao, político, escritor, pintor, médico e debuxante Galego, un dos pais do Nacionalismo Galego, que naceu en Rianxo, A Coruña. Unhas das obras de Castelao forón: Cousas, Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, Os dous de sempre, Retrincos, Sempre en Galiza...
Esta fonte da alameda ten ras que os máis cativos seguén con devoción, e eu mesma de pequena as buscaba entre a auga e poñíalles nome.

Animo a todo o mundo a pasar unha tarde tranquila e divertida paseando pola Alameda de Redondela, e gustaríame terminar esta entrada da seguinte maneira:


"O verdadeiro heroísmo está en transformar os desexos en realidades e as ideas en feitos" Castelao

No hay comentarios: