Podería comezar a miña primeira entrada do blog de mil formas, pero vou comezar por explicar que este blog está feito dende a perspectiva dunha amante da súa terra que coñece o mundo do turismo.
Neste blog vou a dar coñecer Redondela con todas as súas posibilidades no mundo do turismo, explicando que podes facer para o lecer, turismo, actividades culturais...
Redondela é natureza, cultura, monumentos únicos e anacos de historia, lugares inesperados, lendas, festas ... Redondela é unha paisaxe chea de vida, e gustaríame amosar que se pode mellorar, demostrando que ten un gran potencial oculto que moitas persoas poden descoñecer.
Gustaríame pedir a todo o mundo que si tedes ideas ou petición que aportar non dubidesdes de deixalas no blog, no facebook ou enviando un correo electrónico.
Finalmente, desexo agradecer a colaboración de Iria P., por ser unha xenio das novas tecnoloxías que me aconsella e guía e sempre aporta grandes ideas, e ter coñecemento do mundo do turismo, o igual que Xabier, quen me aportará ideas futuras, e porque sempre aporta coñecementos de marketing e estética; finalmente, a Damián por ser meu compañeiro de Viaxe e animarme.
No hay comentarios:
Publicar un comentario