miércoles, 13 de abril de 2011

O capitán Nemo


É impresionante a de libros que nomean a Redondela entre as súas follas, como poden ser: As cantigas de Mendiño, ambientadas na Illa de San Simón; a obra cumbre da lingua Galega "Follas Novas" de Rosalía de Castro que a mi tanto me fai sentir, é entre outros tantos Julio Verne no seú tan coñecido libro 20000 leguas de Viaxe submarino, no que conta como o capitán Nemo e os seus homes recollen o tesouro de Rande na enseada de San Simón; polo que en homenaxe a este feito na praia de Cesantes, na punta instalouse unha estatua de Nemo e dous buzos; polo que os visitantes poden sumerxirse no mundo das lendas da man do comandante do submarino Nautilus, O capitán Nemo, quén amosa con respeto a imaxen que Xulio Verne plasmaba nos seus libros, a dun home culto, sombrío e misterioso.

Zarpén sen medo no submarino do turismo!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Si, la pena es que se esté cayendo a cachos.