A entrada de hoxe é especial, xa que tratase dunha entrada na que grazas as fotos que nos deixou María Lago Barreiro no noso blog, podemos admirar unha vila chea de Recordos de antaño moi fermosos; recordos dunha vila con cultura, recordos dunha vila con progreso.
Na primeira imaxe podemos ver unha tenda de antaño da calle Isidoro Queimaliños do abo de María, na segunda imaxe podemos ver a Alameda de Redondela, na terceira imaxe amosa a Igrexa de Santiago de Redondela, da que xa falamos, pero na que neste caso podemos ver o seu campanario o completo; na cuarta imaxe podemos ver a nosa vila nevada, cousa que eu non vin todavía e que pareceme unha imaxe fermosísima, e tamén penso que debía facer un frío de mil demos.
Na quinta imaxe vemos unhas vistas con moito encanto de Redondela, e na última imaxe ollamos un dos viaductos de Redondela e o río Alvedosa.
María grazas por facer posible esta entrada!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario