miércoles, 19 de octubre de 2011

CHEGOU A ÉPOCA DOS COGUMELOS


Coa chegada do outono aparecen tamén os cogumelos. E eu estou desexando que chova para tomarme uns bos boletus, porque Galicia co seu verde e un lugar espectacular para a degustación dos cogumelos.
E hoxe os vamos a deleitar cunha rica receita de cociña con cogumelos.

INGREDIENTES (Para 4 personas)
  • 1 cebolla
  • 2 dientes de ajo
  • un trozo de pimiento verde italiano
  • 50 gr de aceite
  • 250 gr de setas
  • 100 gr de jamón serrano
  • 6 huevos
  • sal y pimienta
  • perejil picado
ELABORACIÓN
Trocear la cebolla, el ajo y el pimiento verde 5 seg en vel 5. Añadir el aceite y sofreir 20 min, varoma, vel cuchara. Mientras tanto iremos cortando las setas en tiras con la mano y cortaremos el jamón en tiras.
Tocear un poco el sofrito 3 seg, vel 5. Anadir las setas y dejar que se hagan 10 min, varoma, giro a la izquierda, vel cuchara. Agregar el jamón y los huevos y cocinar 10 min, 90ºC, giro a la izquierda, vel cuchara. Salpimentar si es necesario (cuidado que lleva jamón), espolvorear con perejil picado y servir con pan frito o tostado.
Si en los 10 min no se ha cuajado lo suficiente el huevo, programar 3-4 min más, misma temperatura y velocidad. Y si no tenéis prisa, queda aún mejor si se hace en unos 15-20 min en 80ºC.

Os recomendo esta páxina para aprender a coñecer os cogumelos: http://www.idsetas.com/, e andarse con ollo e a disfrutar!

martes, 18 de octubre de 2011

FESTIVAL INTERNACIONAL DE TITERES DE REDONDELA


O festival de titeres de redondela chea cada ano as estradas de ilusión, facendonos nenos e soñadores por uns días.
Cada ano veñen artistas de todos os lugares Francia, Portugal, Alemania, España... coas súas marionetas e demostracións de sombras chinesas.

"Todo niño es un artista.
El problema es conseguir que lo siga siendo cuando crece."
Pablo Picasso.


sábado, 7 de mayo de 2011

A festa do Choco xa chegou neste ano 2011


¡Qué se preparen os chocos da nosa ría, porque xa chegou a Festa do Choco do ano 2011!.
A festa do Choco tratasé dunha festa gastronómica para degustar o paladar, xa que o choco é un alimento moi apreciado que ten cabida en variedade de pratos é pódese preparar de multiples formas; eu mañán degustarei uns chocos con arroz exquisitos!; non vós podedes perder a festa.
Aínda que este ano aproxímase o mal tempo, podemos seguir disfrutando das actividades festivo-culturales que organiza o Axuntamento de Redondela pola chegada da festa do choco: xogos infantís, podemos ir a botar uns bailes o frente das orquestas... é porsuposto non nos podemos perder a votación de cada ano do mellor prato de Choco...

Ayyyy tanto falar de comida apetecenme un  bo choquiño na súa tinta...

E tí te animas?!


miércoles, 4 de mayo de 2011

A gastronomía galega

O principal atractivo da gastronomía galega é a sua sencillez e a sua variedade, é que todos os pratos están elaborados cunha materia prima de excelente calidade.
Se hay unha cociña na que se expresa o sentimento, a familiaridade, o xeito do artesanal... esa é a cociña galega.
A gastronomía galega ten un paladar único, así como a gastronomía da nosa vila de Redondela, que ainda que non temos variedades de pratos únicos como o noso choco, si todos os nosos productos saen do mar e da nosa terra; gastronomía rica en pratos de marisco que enamorán ata os paladares máis exquisitos, e se estes pratos os adornas cun bo viño quedarás enamorado da nosa terra e da nosa vila.

Galiza Calidade! Redondela o gusto pola exquisita gastronomía!

A Tasca de Cesantes

Se hay unha gastronomía única no mundo esa é a gastronomía galega, e nesta gastronomía galega entra en xogo a gastronomía da Vila de Redondela entre outras, cos seus pratos típicos, como por exemplo os chocos, que agora que sa se achega a festa do choco hay que ir animando o paladar. Por iso nesta entrada de blog falaremos de gastronomía, polo que os vou recomendar unha fántastica tasca onde poder disfrutar da gastronomía típica da nosa terra, A Tasca de Cesantes.
A Tasca de Cesantes voulle chamar para os amigos as tres B "Bo, bonito e barato", se queredes disfrutar con gusto da gastronomía popular non dudedes por alí pasar.
O gozo de tomar unha tortilla de patacas que fai sentir algo insospeitado o noso paladar, un chourizo o inferno exquisito... podedeo sentir o visita-la Tasca de Cesantes.



martes, 3 de mayo de 2011

O Concello de Redondela

Do concello de Redondela podo decir muitas cousas, pero direi que grazas a el impulsan grandes cousas como: a celebración dos maios, os titeres, Redondela en curto..., e que agora o noso concello puxo en marcha a red wifi pola que nos poderemos conectar de forma gratuita a internet en lugares como A Xunqueira, A Alameda...

O concello está en frente a Alameda de Redondela, e na alameda tamén se sitúa a Oficina de Turismo, onde poder recadar toda a información sobre Redondela, que facer, actividades..., pero tamén agradecemos que sigan o noso blog onde daremos todas esas ideas.


A imaxe de Castelao e a fermosura de Redondela




Na alameda de Redondela encóntrase unha fonte cunha estatua dedicada a Castelao, político, escritor, pintor, médico e debuxante Galego, un dos pais do Nacionalismo Galego, que naceu en Rianxo, A Coruña. Unhas das obras de Castelao forón: Cousas, Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, Os dous de sempre, Retrincos, Sempre en Galiza...
Esta fonte da alameda ten ras que os máis cativos seguén con devoción, e eu mesma de pequena as buscaba entre a auga e poñíalles nome.

Animo a todo o mundo a pasar unha tarde tranquila e divertida paseando pola Alameda de Redondela, e gustaríame terminar esta entrada da seguinte maneira:


"O verdadeiro heroísmo está en transformar os desexos en realidades e as ideas en feitos" Castelao

A Alameda de Redondela dende o pasado ata o presente

A Alameda de Redondela que se sitúa en frente o axuntamento merece un gran recoñecemento por parte de todos pola súa fermosua, un lugar onde pasear, cun fermoso palco... onde ver cair as follas cando é outono, e onde ver medrar as flores cunha fermosura única ando chega o mes das flores...

Na Alameda tamén hay un parque onde poder xogar os cativos, é unha cancha para poder xogar o baloncesto.

A Alameda de Redondela é inolvidable!





lunes, 2 de mayo de 2011

A festa don Maios





A festa dos maios é una tradición moi antiga que celebrase o día un do mes das flores, o 1 de Maio, coincidindo co día da nai.
Tratase dunha tradición galega que nace una prehistoria, cando os primeiros homes se preguntabas pola forza renovadora que cada ano fai medrar as flores, cubrir os campos de colores, e nacer as sementes.
Cos maios se rinde culto a natureza coa chegada da primaveira, acompañando estes maios con coplas cheas de tradición popular, nas que se mencionan persoaxes  coñecidos do pobo, e famosos; sen afán de buralse de alguén pero si de dar escarmentó e pasar un bo rato.
Este ano o primeiro premio en coplas, e en maio o levaron os de Saxamonde, co seu Monicreque de Saxamonde e con coplas como as seguintes:
Redondela está de festa
Con foguetes e alegría
Pazos marcha do concello
Xaime deixa a alcaldía.

30 anos de gobernó
30 anos de comidas
30 viaxes a Madrid
30 kilos na barriga.

O Maio mais típico é o que vemos na imaxe, o cono, que se rodea con fiuncho, con flores, con ovos, naranxas, e o que se desexe.
Por muitos anos máis de grandes tradizóns!


jueves, 28 de abril de 2011

Redondela en curto



A séptima edición do festival de Redondela en curto arrancou hoxe cun espectacular acto de inauguración o cargo da actriz Camila Bossa, e co actuación do grupo redondelán "Belöp", que é un claro exemplo do que pode chegar a ofrecer a nosa vila.
As curtometraxes selecionadas para o festival son os seguintes:


-Adios papá, adios mamá, de Luis Soravilla
-Ámár, de Isabel Herguera
-Amistad, de Alejandro Marzoa
-Coser e cantar, de Rubén Riós
-Daisy Cutter, de Enrique García e Rubén Salazar
-El grifo, de Denis Rovira
-El orden de las cosas, de Cesar Esteban Alenda e José Esteban Alenda
-El vendedor del año, de Coté Soler
-Escúchame, de Mabel Lozano
-Fábrica de muñecas, de Ainhoa Menéndez Goyoaga
-La Hégira, de Liteo Deliro
-Les Bessones del Carrer de Ponent, de Marc Riba e Anna Solanas
-Picnic, de Gerardo Herrero
-Pulsiones, de José Manuel Carrasco
-The Astronaut of the roof, de Sergi Portabella
-Vicenta, de Samuel Ortí Martí

Cada ano "Redondela en curto" ofrecé melloras, cultura, ocio... non hay que deixar de pasar polo Multiusos da Xunqueira para disfrutar das estupendas curtometraxes.

Redondela con recordos









A entrada de hoxe é especial, xa que tratase dunha entrada na que grazas as fotos que nos deixou María Lago Barreiro no noso blog, podemos admirar unha vila chea de Recordos de antaño moi fermosos; recordos dunha vila con cultura, recordos dunha vila con progreso.
Na primeira imaxe podemos ver unha tenda de antaño da calle Isidoro Queimaliños do abo de María, na segunda imaxe podemos ver a Alameda de Redondela, na terceira imaxe amosa a Igrexa de Santiago de Redondela, da que xa falamos, pero na que neste caso podemos ver o seu campanario o completo; na cuarta imaxe podemos ver a nosa vila nevada, cousa que eu non vin todavía e que pareceme unha imaxe fermosísima, e tamén penso que debía facer un frío de mil demos.
Na quinta imaxe vemos unhas vistas con moito encanto de Redondela, e na última imaxe ollamos un dos viaductos de Redondela e o río Alvedosa.

María grazas por facer posible esta entrada!.



Dende Reboreda vemos fermosura


Preciosas vistas que ten Estela na súa casa con so botar una ollada pola fiestra, e que calquera pode ver se vai dar una volta por Reboreda na subida da igreza.
Reboreda é unha das 13 parroquias que forman Redondela onde podes descubrir a diversidade Galega cos seus muiños, o pazo, o paso do sendeiro da auga...
Penso que non hay muito máis que decir destas impresionantes vistas, soamente que quedan impregnadas na retina de quen as ve e que demostran a fermosura da nosa vila, Redondela!

miércoles, 27 de abril de 2011

A Praza da Alfóndiga no paso do tempo



A Praza da Alfóndiga e un recuncho verdadeiramente fermoso que se encontra na Calle Isidoro Queimaliños, na que se pode observar no seu interior un fermoso cruceiro.
Praza da Alfóndiga etimolóxicamente significa locais públicos para a venda, compra e deposito de graos. Nesta praza, existía un tellado con tella do país e estructura de madeira, debaixo se montaban os postos de venta de millo, palla..., eu recordo a venda de millo os días de feira, cousa que xa está en desuso.
Fai moitos anos como se pode observar nas primeiras imaxes había columpios, as cousas cambiaron muito, xa que agora hay prantas e bancos de pedra, nos que tamén poder disfrutar dunha tarde de descanso falando cos amigos, leendo, escoitando música...
Nesa praza xogou miña nai, logo eu.
¡Un recuncho sorprendente!

lunes, 25 de abril de 2011

A Igrexa de Santiago de Redondela


Non hay que deixar de pasar pola Igrexa de Santiago de Redondela para admirar a súa beleza e encanto.
A igrexa se remota a tempos de Gelmírez (Diego Gelmírez), quen  foi arzobispo de Santiago, que impoulsou a construcción da Catedral de Santiago de Compostela. A Igrexa foi rectificada logo no século XVI, colocando una nave única e entre outras cousas bóvedas de crucería.
A Igrexa está rodeada de fermosos olivos, como os que podemos ver na imaxen, e fronte a ela se sitúan uns bancos de pedra.

jueves, 21 de abril de 2011

Unha ollada no tempo

 





Gustame botar unha ollada a miña antiga calle, a calle na que eu me criei, a Calle Isidoro Queimaliños, que para min sen ninguna dúbida, é o que chamaríamos una calle con encanto, onde poder pasear, ver os peregrinos no seu paso, coa hermosa igrexa de Redondela preto, una praza onde poder deixar pasar o tempo, con edificios que conservan as fachadas antigas…
Unha calle con encanto

viernes, 15 de abril de 2011

A Casa da Torre


A Vila de Redondela, cobra unha especial importancia cando se fala dos seus orixés poblacionais, xa que diferentes restos arqueolóxicos atestiguan unha ocupación humana da idade de bronce.
A Vila de Redondela tamén ten o pracer de acoller os peregrinos de paso o Camiño de Santiago, ofrecendolles unha estancia única; e nas noites de verán os peregrinos podén disfrutar das noites máxicas que se fan na Praza da Torre.
O albergue ten unha biblioteca estupenda na que estudar con tranquilidade ou recadar información sobre o Camiño de Santiago.

miércoles, 13 de abril de 2011

O capitán Nemo


É impresionante a de libros que nomean a Redondela entre as súas follas, como poden ser: As cantigas de Mendiño, ambientadas na Illa de San Simón; a obra cumbre da lingua Galega "Follas Novas" de Rosalía de Castro que a mi tanto me fai sentir, é entre outros tantos Julio Verne no seú tan coñecido libro 20000 leguas de Viaxe submarino, no que conta como o capitán Nemo e os seus homes recollen o tesouro de Rande na enseada de San Simón; polo que en homenaxe a este feito na praia de Cesantes, na punta instalouse unha estatua de Nemo e dous buzos; polo que os visitantes poden sumerxirse no mundo das lendas da man do comandante do submarino Nautilus, O capitán Nemo, quén amosa con respeto a imaxen que Xulio Verne plasmaba nos seus libros, a dun home culto, sombrío e misterioso.

Zarpén sen medo no submarino do turismo!

A Praia de Cesantes


Da gusto chegar a praia de Cesantes, undir os pés na area e disfrutar da sensación da area fina e dourada entre os dedos dos pés.
A praia de Cesantes é un areal de mais de 2400 m2 de longitud, dotado de todos os servicios que necesita unha praia, é perfecta para disfrutar dun día de diversión, ocio ou incluso tranquilidade e relax; con bares, restaurantes... onde tomar unha boa comida, ou ben se o preferés degustar un bocadillo sentado na area da praia ou nas mesas que tén a sombra preparadas para ese fin.
A praia de Cesantes ten todos os servizos orientados para o turismo e os minusválidos, con ramplas de baixada, aseos, duchas, aparcamentos...
A praia goza de unhas condicións perfectas para practicar deportes acuáticos como sky, windsurf, vela...; e se non animoté a que veñas a pasear polo paseo marítimo, ou a aloxarte no Hotel.
A praia goza dunhas vistas únicas a fermosa Ensenada de San Simón, onde a seu fronte encontrasé a estatua do capitán Nemo.

¡Ven disfrutar dunha praia que o ten todo!, e que na miña opinión vai mellorando co tempo, aínda que non hay que deixar de descoidala.

viernes, 8 de abril de 2011

O emblema de Redondela


A villa de Redondela é coñecida como a "Vila dos viaductos", xa que está marcada por dous grandes viaductos, catalogados como bens de interés cultural e que fan de emblema da Villa Redondelana, así como as suas festas.

O máis antigo dos viaductos é o viaducto Madrid que se construiu seguindo o modelo Eiffel, e que na actualidade está en desuso; o outro viaducto é o Viaducto de Pontevedra que aínda sigue recibindo trens.
O que realmente chama a atención dos viaductos de Redondela e a súa veleza única, é que fan que cando un viaxeiro levante a cabeza sintá a hermosura da "Vila dos viaductos".

miércoles, 6 de abril de 2011

Un anaco de Historia





O Muro de Berlín estendeuse ao longo de 45 Km, dividindo a Berlín en dous. Este caeu na noite do Xoves, 9 de Novembro de 1989, a Venres, 10 de Novembro, 1989, 28 anos despois da súa construción .
O Muro que marcou gran parte da historia do século XX, perdeuse case totalmente cando foi completamente demolido o 13 de Xuño de 1990. Algunhas pezas foron preservadas en varios lugares e museos de Berlín, tales como: O Museo de Checkpoint Charlie (Museo do Muro de Berlín) ...

Pero Redondela ten a sorte de manter dous anacos de muro, con recordos únicos, convertindo así a Redondela en un lugar con historia, que non se pode perder, nin deixar de visitar.
Teño a oportunidade de coñecer a persoa que trouxo estas dúas pezas do Muro de Berlín, e como Redondelana lle agradezo que fixerá posible que Redondela formase parte de eses redordos.

Agora os dous anacos do muro podense ver a cabeza do Multiusos da Xunqueira; que na mina opinión xa era hora de que lle buscasén un lugar axeitado.

Ao longo do Muro de Berlín foron feitos grafittis e testemuños escritos dos cales eu destacaría "A persoa que non comete xamais unha tontería, tampouco fará nada interesante" (Provérbio inglés).

Redondela é máis...

Canto máis coñezo Redondela máis me gusta

Podería comezar a miña primeira entrada do blog de mil formas, pero vou comezar por explicar que este blog está feito dende a perspectiva dunha amante da súa terra que coñece o mundo do turismo.

Neste blog vou a dar coñecer Redondela con todas as súas posibilidades no mundo do turismo, explicando que podes facer para o lecer, turismo, actividades culturais...
Redondela é natureza, cultura, monumentos únicos e anacos de historia, lugares inesperados, lendas, festas ... Redondela é unha paisaxe chea de vida, e gustaríame amosar que se pode mellorar, demostrando que ten un gran potencial oculto que moitas persoas poden descoñecer.

Gustaríame pedir a todo o mundo que si tedes ideas ou petición que aportar non dubidesdes de deixalas no blog, no facebook ou enviando un correo electrónico.

Finalmente, desexo agradecer a colaboración de Iria P., por ser unha xenio das novas tecnoloxías que me aconsella e guía e sempre aporta grandes ideas, e ter coñecemento do mundo do turismo, o igual que Xabier, quen me aportará ideas futuras, e porque sempre aporta coñecementos de marketing e estética; finalmente,  a Damián por ser meu compañeiro de Viaxe e animarme.